登入
選單
返回
Google圖書搜尋
O Don Hamlet de Cunqueiro: Unha ecuación teatral
Luísa Villalta
出版
.
, 2024-04-02
主題
Literary Criticism / Drama
ISBN
8484876683
9788484876687
URL
http://books.google.com.hk/books?id=1db-EAAAQBAJ&hl=&source=gbs_api
EBook
SAMPLE
註釋
Este libro foi publicado por Luísa Villata en 1992 en Edicións Laiovento, unha editora que daquela tiña pouco mais dun ano de existéncia. De feito, o volume que agora reeditamos foi o número 9 da sua colección xeral. A peza O incerto señor Don Hamlet, príncipe de Dinamarca, a pesar da sua transcendencia tanto social como literaria, foi pouco ou case nada estudada até o momento en que Luísa Villalta abordou a sua análise, unha peza esquecida nos sotos do inmenso edificio que é a obra de Álvaro Cunqueiro. Nacida baixo o signo da polémica, o autor confesa-nos en diversos lugares que esta obra é produto dos moitos anos que pasou a matinar na traxedia de Shakespeare intentando explicar-se a si mesmo a cuestión: quen é Hamlet? Eis a incógnita dunha ecuación que se formula única e exclusivamente en termos teatrais e cuxas raíces se perden nas mais remotas tradicións nórdicas. Con este estudo, Luísa Villata procedeu a despexar brillantemente esa incógnita e moitas outras que envolven tan suxestivo tema co único propósito de explicar a xénese e elaboración da marabillosa solución que Cunqueiro soubo dar a esa pregunta.