登入
選單
返回
Google圖書搜尋
Pioneiros na corrente do golfo
Elixio Villaverde García
其他書名
a primeira emigración galega a México (1837-1936)
出版
Edicións Xerais de Galicia
, 2001
主題
Fiction / General
History / General
History / Americas (North, Central, South, West Indies)
ISBN
8483026007
9788483026007
URL
http://books.google.com.hk/books?id=FYBuAAAAMAAJ&hl=&source=gbs_api
註釋
Tras a independencia de México, os decretos de expulsión marcaron o punto álxido da descolonización. A partir de 1837 comenzaron a retornar os expulsados e iniciouse unha reemigración de galegos desde Cuba; eran labregos da zafra, mariñeiros que pescaban o guachinango, militares desertores, etc. Desde o último cuarto do século XIX a navegación a vapor, a necesidade e as estratexias familiares embarcaron rumbo as costas mexicanas a pais de familia, rapaces e mociños coa encomenda de que enviasen remesas coas que redimir os foros, ceibarse da parceiría, facer unha casa nova, mercar terras o gando e comer e beber mellor. Entre os grandes pioneiros chegaron á República Mexicana varios polisóns que empezaron a súa andaina como empregados ou vendedores ambulantes. Algúns ' ' fixeron América ' ' ou foron o xermolo da emigración circular, desde constante ir e vir de cinco xeracións de galegos pola corrente do Golfo, e outros, no retorno, contribuiron á mellora dos lugares de orixe ou investiron os seus aforros na construcción urbana e na industrialización de Galicia. Amais da exhaustiva reconstrucción dalgunhas cadeas migratorias e do tecido asociativo creado polos nosos emigrantes, Pioneiros na corrente do Golfo mergúllanos nas apaixoantes biografías dun feixe de galegos e galegas, adobadas cunha manchea de fotografías e ilustracións inéditas. Este libro é un canto á vida, á obra e ós soños deses case dous millóns de galegos que, desde a súa impronta heroica e anónima, protagonizaron a grande epopeia do noso pobo que foi a emigración americanas.