登入
選單
返回
Google圖書搜尋
Rosalía de Castro
Andrés Pociña e Aurora López
出版
Laiovento
, 2000-01-01
主題
Literary Collections / Essays
ISBN
848487267X
9788484872672
URL
http://books.google.com.hk/books?id=SDYwDgAAQBAJ&hl=&source=gbs_api
EBook
SAMPLE
註釋
Esta obra monumental constitúe un utilísimo instrumento para calquera outra investigación sobre Rosalía de Castro. Temos á man documentación cronobiográfica fundamental, como a que demostra, por exemplo, a vida tan temperá da autora coa súa nai, en Padrón (segundo achado do finado Manuel Pérez Grueiro no rexistro deste concello), o que valerá de vez -esperamos- para desmontar fantasías sen fundamento ningún sobre as relacións materno-filiais. Temos un completo percurso pola crítica contemporánea de Rosalía, que nos ilustra sobre a recepción que a súa obra merecía. Fica debuxada unha biografía, con dados certos, tantas veces falseada ou ocultada; permítenos o libro practicarmos un itinerario crítico onde non se ocultan dados, autores, nin se furtan valoracións, cousa sempre de agradecer para os que estimamos que se xogue "coas cartas boca arriba" e non, como tantas veces padecemos, usando da "vaporización" orwelliana para facer desaparecer (como se houbese que asentir ao revival do "Índice") obras ben significativas e valiosas da fortuna crítica de Rosalía de Castro.