登入選單
返回Google圖書搜尋
Por que non aprendo?
註釋

As dificultades de aprendizaxe. Como podo axudar o meu fillo/a

Por que non aprendo é un libro escrito cun afán eminentemente práctico, nunha linguaxe accesible e con vocación de servir de axuda a todos aqueles (pais, nais, profesionais do ensino, orientadores…) que queren enfrontarse á problemática das dificultades de aprendizaxe.

Cun estilo claramente didáctico, procurando a sinxeleza e evitando a terminoloxía especializada, Silvia Caride López explícanos como podemos axudar os nosos fillos/as en todo o que teña que ver coa súa aprendizaxe. A autora recorre a casos concretos e á súa experiencia profesional para mergullarnos nun camiño que conduce directamente ao fin que moitos pais e nais perseguen: axudar os seus nenos e nenas no camiño longo da educación. Porque cando hai unha dificultade de aprendizaxe non hai que desesperarse, senón atopar os vieiros para a súa solución.