登入
選單
返回
Google圖書搜尋
Bestiario en pedra: Animais fabulosos na arte medieval galega
Carlos L. Bernárdez e Xosé Ramón Mariño Ferro
出版
.
, 2024-03-11
主題
Art / Techniques / Sculpting
ISBN
8484876616
9788484876618
URL
http://books.google.com.hk/books?id=t5T-EAAAQBAJ&hl=&source=gbs_api
EBook
SAMPLE
註釋
Bestiario en pedra. Animais fabulosos da arte medieval galega pretende recuperar unha parte esquecida do noso patrimonio artístico e simbólico. Aínda que a maioría da xente actual nos as «ve», a arte medieval está repleta de representacións de animais, nas marxes dos manuscritos, na escultura decorativa, nos capiteis, nas cornixas e gárgolas e nos cadeirados de coro. Os temas e motivos simbólicos dos animais fabulosos, con paralelos en Europa, presentan en Galicia unha riqueza e unha variedade realmente extraordinarias. Destacan os conxuntos das catedrais de Santiago e Ourense, da igrexa e do espectacular claustro de San Francisco de Ourense, das igrexas betanceiras, das de Ribadavia, desa xoia que se chama Santiago de Breixa... Os autores recollen os exemplos de anfisbenas, basiliscos, bestas apocalípticas, centauros, dragóns, grifóns, harpías, sereas ave e sereas peixe na arte do noso país. E fornecen un amplo repertorio de textos, antigos e medievais, e unha interpretación que permiten entender a súa omnipresenza nas nosas catedrais e igrexas